15 abr 2012

LIROLAI EN NOVO SON

«Rumba do Muíño», tema escollido para participar na 2ª edición do concurso Novo Son.

Lirolai - CRTVG
O grupo de música tradicional Lirolai nace no interior da Agrupación Musical do Rosal, sendo este un máis dos proxectos levados a cabo por esta asociación que conta, entre outras cousas, con escola de música, banda, coral, grupos de cámara, etc.

O grupo consta de doce compoñentes, seis homes e sete mulleres que interpretan repertorio cantado, pezas de pandereteiras, temas instrumentais con gaitas, acordeóns, saxo, tamboril e bombo, e versións mixtas de canto e instrumentación. Posúen un amplo repertorio de cancións de recollida de diferentes zonas de Galicia, así coma versións de temas populares e tamén pezas de composición propia.

Realiza concertos por toda a xeografía galega e mesmo destaca un concerto no centro galego de Vitoria-Gasteiz e en varias localidades portuguesas. Participa tamén en varios programas de televisión, destacando “Vaia troula” “A solaina” ou “Luar”.

Escoita o tema:

«Rumba do Muíño» de Lirolai

No hay comentarios: