15 abr 2012

SALINAS DE CAMPOSANCOS

As Salinas de Camposancos nunha campaña de ANABAM.

ANABAM / Camposancos
© ANABAM
Camposancos, parroquia de A Guarda, situada na marxe dereita da desembocadura do Miño, conta cun patrimonio etnográfico que debe ser tido en conta tanto por parte dos representantes políticos como pola poboación en xeral. Neste patrimonio están incluídos, entre outros, as pesqueiras que se atopan na praia de Camposancos e mesmo na Insua, illa portuguesa que está situada na mesma barra do río; os muíños de vento (muños dise aquí), dos que se conservan as estructuras de tres dos catro que había e, as salinas, as máis esquecidas por ser menos visibles e menos voluminosas e, tamén, certamente abandonadas ata agora.
© ANABAM


Aínda que en varios puntos da costa guardesa podemos ver salinas, en Camposancos aparecen ben localizadas un bo número delas, fundamentalmente no piñeiral situado a carón da praia da citada parroquia.


© ANABAM
Aseméllanse a pías, pero os bordes apenas levantan un par de centímetros. Están esculpidas nas rochas graníticas, ben en lousas ou ben en pedras "soltas".

Algunhas salinas son individuais, é dicir, unha salina por rocha, pero nalgúns casos, na mesma rocha poden aparecer varias, como podemos ver na fotografía do lado.

Continuar lendo . . .

No hay comentarios: