3 ago 2016

COMUNIDADE DE MONTES


Tecnicos en Chans / BM

A Comunidade de Montes de Camposancos inicia un proxecto para a creación dun prado no Monte Santa Trega.



Este mércores, 3 de agosto, responsables de Medio Ambiente e de CEAMSA achegaronse ata o Monte Santa Trega, xunto membros da Comunidade de Montes de Camposancos onde mantiveron unha reunión para o comezo dun proxeto para a creación dunha zona de prado. Un ambicioso proxecto no que, unha vez deforestado para a eliminación de acacias e algún que outro eucalipto, chegaría o turno das prantacións.
Á espera da resposta de Medio Ambiente, a Comunidade xa recibiu o visto bó por parte do Padroado e ANABAM.
Os traballos para a creación desta pradeira, na que a zona de actuación estará comprendinda dende Chans ata A Sangriña, estaría nas mans de CEAMSA, empresa productora e distribuidora de algas. Por cada hectárea, o custe seria duns 20.000€ dos cales non suporían ningún desenbolso por parte da Comunidade de Montes Camposina. Resaltar que esta empresa xa realizou diversas actuacións como se pretende levar a cabo no Trega no Monte do Galiñeiro.
Nas vindeiras semanas, os técnicos xunto membros da Comunidade e do Padroado, reuniranse con Medio Ambiente para expoñer o proxecto e que éste sexa analizado para a sua aprobación.


 
 
Imaxes: Brais Martínez.es


No hay comentarios: