13 mar. 2017

PRANTA UNHA ÁRBORE, PRANTA FUTURO

Alumnos das Solanas / CMC


O colexio As Solanas únese á prantación de árbores en Chans.




A pasada semana, alumnos do colexio guardés As Solanas desprazáronse ó Monte Santa Trega para continuar a prantación de Chans. "Pranta unha árbore, pranta futuro" é unha iniciativa da Comunidade de Montes en Man Común de Camposancos para repoboar o Monte con especies autóctonas trala eliminación das acacias tan presentes no Trega, ademais do acondicionamento da área de Chans. En total, prantaronse unhas 225 árbores novas. Tanto profesores e alumnos das Solanas, coma membros da Comunidade e veciños que se achegaron, disfrutaron desta xornada en plena natureza.

Avelaíña

A principio do mes de marzo, alumnos da asociación Avelaíña, tamén se achegaron o Trega para unirse a este proxecto de acondicionamento de Chans. A actividade está cofinanciada pola fundación ONCE e a Comunidade de Montes de Camposancos.

A Sangriña

No mes de xaneiro, alumnos de primaira do CEIP A Sangriña comezaron este proxecto no Monte Santa Trega, onde aprenderon a conservar o medio ambiente e procederon a prantar 200 árbores. Aparte da colaboración do colexio público, déronse cita varios particulares para axudar nestas tarefas. En total, prantáronse unhas 200 árbores formadas por castañeiros, nogais, cerdeiras, alcornoques, enciñas e almendros.


Alumnos de As Solanas // CMC


No hay comentarios: