28 jul 2017

BANCOS DO TREGA


A Comunidade de Montes de Camposancos instala máis bancos no Monte Santa Trega.



Nas últimas semanas, a Comunidade de Montes de Camposancos ven de instalar máis bancos nos miradores no Monte Santa Trega. Son 15 novos asentos totalmente artesanais feitos a partir de troncos, que se suman ós xa existentes feitos de pedra e madeira. O Alto de Esìñeiro, o Rego de Bico, o Outeiro do Lobo, A Campana e o Outeiro do Lobo son os lugares onde están ubicados, ademáis de poder atopalos tamén polos camiños para poder repousar durante a ruta para contemplar as magníficas vistas de Camposancos, Portugal e o Pai Miño.

Mirador de estrelas.

Dous dos bancos artesanais, atópanse no novo mirador de estrelas construido no parque de Chans. Para todos os amantes dos astros, contan xa con un novo lugar para poder desfrutar da sua afeción.


Sen dúbida, un proxecto no que a Comunidade acaba de comezar, e non descarta instalar máis e facer rutas para dalos a coñecer.

 



No hay comentarios: