22 ene 2018

CONCERTO DE SAXOS

Momento da actuación / BM

O grupo de saxos da Agrupación Musical do Rosal actuou en Camposancos.





O pasado sábado a Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos acollía o concerto do grupo de Saxos da Agrupación Musical de O Rosal. Baixo a dirección de Javier Comesaña, un total de 9 alumnos e alumnas integrantes da agrupación, deleitaron esta velada a todos os asistente cun percorrido pola historia da música.
O concerto comezaba na Idade Media con Nobilis, humilis…, pasando polo Renacemento, seguido do Barroco, continuando coa obra Pequeña serenata nocturna de Mozart no Clasicismo,  e chegando ó remate do mesmo ós S.XIX e XX, pechandoo co solo de barítono coa obra Pimpin’ de Jacob T.V., do S.XXI.
Antes de finalizar o evento, Javi destacaba que a maior parte das partituras eran adaptacións de frauta xa que o saxofón trátase dun instrumento relativamente novo porque non existiu ata o S.XIX.

Imaxes: Brais Martínez.es

No hay comentarios: