1 feb 2018

PRANTACIÓN DE ÁRBORES

Escolares en Chans / CMC

A Comunidade de Montes de Camposancos continúa reforestando o Monte Santa Trega con especies autóctonas.




Un ano máis, a Comunidade de Montes de Camposancos continúa coa prantación de máis de 1000 árbores no Monte Santa Trega. Nesta acción medioambiental para eliminar acacias e especies exóticas, prantaran no seu lugar castañeiros, nogais e cerdeiras.
A reforestación, en Chans, conta, coma sempre, coa axuda dos máis pequenos do Concello de A Guarda, cun centenar de alumnos de primaria dos centros de A Sangriña, Rodríguez Sinde, PP. Somascos e HH. Carmelitas.

Ademais destas prantacións, os obreiros da Comunidade tamén se encargan de eliminar todos os rebrotes de acacias en todas as zonas deforestadas en anos anteriores, limpeza e acondicionamento dos sendeiros, entre outros traballos.




No hay comentarios: