12 nov 2015

DOCUMENTAL

Parte do equipo no Trega // EISV

Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo comezan a rodaxe dun documental en Camposancos.




Dende fai uns días, alumnos da Escola de Imaxe en Son de Vigo (EISV) comezaron a rodaxe dun documental en Camposancos. O equipo, no que destaca a presenza de dous veciños do pobo camposino, está formado por 15 alumnos de imaxe, produción, realización, maquillaxe e son.

O documental "15 pesetas por frete" trata de contar ás novas xeracións unha forma de vida durante unha posguerra dura con contexto socio-político, concretamente o fenómeno do estraperlo. A pesares de existir en toda a xeografía este fenómeno, o pobo camposino encóntrase en fronteira con Portugal separados polo Río Miño. O documental, formado por imaxes, documentos gráficos, entrevistas e recreacións dos feitos, con pequenas ficcións que farán o público partícipes dos feitos narrados.

Este documental foi escollido entre outras propostas como proxecto final a realizar polos alumnos na ESIV. Tamén, evitar que este tema quede no esquecemento, é outro dos factores deste proxecto.

Durante variarias semanas os alumnos, compaxinando os estudos, desprazaranse ata distintas localizacións de Camposancos para continuar co seu proxecto final.



Imaxes/Texto: EISV 

No hay comentarios: