19 sept 2016

CAMPOSANCOS DE CINE

Parte do equipo de "Jeanette" / BM


Remata a 1º edición de “Camposancos de Cine” coa proxeción de “Jeanette”.




O pasado sábado remataba a primeira edición do ciclo de cinema “Camposancos de Cine”. Un ciclo que estivo organizado pola Entidade Local Menor, a asociación Os Amigos e a Comunidade de Montes de Camposancos. Durante tres sábados, contouse cos estreos da curta de Nani Matos “Lurna”, seguido de “15 Pesetas por Frete” de Estefania Alonso, e rematar  con “Jeanette” de Xurxo Chirro.

Co aforo completamente cheo na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos, previo o visionado da curta de Xurxo, abría o acto Beli Martínez, integrante de Proxecto Socheo. Fíxoo cunha recopilación de imaxes relacionadas con Camposancos que Socheo contén no arquivo. Extractos de filmes, curtas, televisión… dende o ano 1926 cos Filmes de Costiñas, imaxes da botadura do barco Olatrane na Pasaxe no 1965, extractos de “La Hora Bruja” do 1982, ou de “Gallego” do ano 1988 entre una ducia de vídeos, incluso de imaxes filmadas por realizadores portugueses como é o caso de Manuel de Oliveira. Tamén, Beli, explicou en que consistía Proxecto Socheo, onde están a crear un arquivo audiovisual con imaxes de filmes ou mesmo cedidas por particulares.
Xa, co estreo de “Jeanette”, foi a propia protagonista quen, acompañada coa música de Bieito, recitou una poesía escrita para a ocasión. Actualmete, Jeanette escribe no seu  blog “Notas en Silencio” (notaensilencio.blogspot.com.es) poesías que define  como “Letras perfectamente organizadas pueden dar lugar a grandes historias”.
O filme de Xurxo Chirro mostra a vida dunha adolescente, Jeanette, que intenta facer frente a varios problemas. O seu rostro mostra en cada momento os avatares que lle suceden nese momento crucial da súa vida. Unha curta que naceu e contou coa colaboración cos alumnos do IES A Sangriña da Guarda, cando Proxecto Socheo decidiu por en marcha un pequeno obradoiro para introducir conceptos audiovisuais ós alumnos. “Jeanette” ven de acadar o Premio no VI Festival Internacional de Cine Independente de Cosquín (Arxentina 2016) e do Ministerio de Educación.

Rematado o acto, a organización confirmou que para o vindeiro ano continuará con este ciclo de cinema no que xa están traballando. Nos seguintes enlaces, podes acceder ás reportaxes dos  actos desta primeira edición de “Camposancos de Cine”:
-15 Pesetas por Frete", "Lurna" e "Jeanette" estréanse en Camposancos.

Fotografías: BraisMartínez.es

1 comentario:

nando dijo...

Grazas Brais por todo o empeño que puxeches para que os tres eventos fosen, como foron,¡un éxito!