17 jul 2016

TORNEO DE VOLEI PRAIA



Un centenar de participantes no Circuito Galego de Volei Praia disputado no Codesal.



Durante a pasada fin de semana Camposancos acolleu o Trofeo Concello de A Guarda de Volei Praia. A proba, puntuable para o RNVP e clasificatoria para a Final do Campionato de Galego de Volei Praia Senior, estivo organizado pola Federación Galega de Voleibol e a empresa Organizia EventoGlobal.
Dende primeira hora da mañá ata a última hora da tarde, un centear de deportistas e numeroso público achegados dende toda Galicia disputaron os encontros nas suas correspondentes categorias, dende intanfís, cadetes e seniors.
Este torneo inaugurou o novo uso do terreo onde se atopaba o antigo do campo de futbol situado no Codesal. Esta reforma incluese no plan de rehabilitación medioambiental e paisaxística que se desenvolve na contorna da Desembocadura do Río Miño.

A vindeira fin de seman.
O próximo sábado e domingo, o campo do Codesal continuará acollendo deportes. Será o turno para un torneo de Beach Tenis.
O domingo, durannte a mañá, a praia do Muíño acolle unha nova edición do concurso de figuras de area.





1 comentario:

t015 dijo...

Foi bastante desastroso,a area era terra