4 sept. 2016

CAMPOSANCOS DE CINE

Iglesia, Nani e Manu Conde / BM

Nani Matos abre o Iº Ciclo de Cine coa sua curta "Lurna".






Pasaban das nove das noite, cunha temperatura agradable, cando a música de BieitoSolo comezaba a soar en Camposancos. Máis de 300 persoas achegáranse ata a Praza de San Amaro, o motivo, o veciño Nani Matos facía a súa estrea no pobo da sua nova curta Lurna.
Bieito sorprendeu a todos os asistente estreando unha canción adicada a Nani, onde, acompañado cun vídeo, emocionou o director camposino.
Xunto coa familia, amigos e veciños, Nani estivo arroupado tamén con varios membros do equipo da curta: Ana Diz, directora de produción; Manu Conde, compossitor; e Mame Sokhna, Humy Donado, Santi Prego e Luis Iglesia, actores.
Ó finalizar a proxeción, unhas palabras do director explicou como se fixo a curta xunto coas suas anécdotas da rodaxe, e que Lurna está basada nunha historia real. Historias que pasan desapercibidas e que mostran a invisibilidade e explotación que sufren algúns inmigrantes. As propias palabras do director confesaban que todos os seus traballos estaban escritos no pobo camposino.
Lurna, filmada en Pontevedra, contou coa colaboracion de centos de persoas que se volcaron totalmente co proxecto, proxecto que actualmente recorre o mundo enterio. Proba diso, as numerosas selelecións en festivais internacionais como o XII Festival Internacional de Cine de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia) ou o Visioni Corte Fil Festival (Italia), e tamen a nivel nacional.
O mesmo dia que Camposancos tiña o privilexio de estrear a curta no pobo, esta participaba no mesmo día no Farm Film Festival 2016 de Sicilia, na que o director preferiu acudir a Camposancos e non ir ata Italia. Sumando as numerosas nominación, Lurna xa conta cunha mención especial no XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia-2016); e cos premios do Xurado dos Veciños, o Premio do Xurado á Mellor Actriz e co Premio do Xurado á Mellor Banda Sonora (Cans 2016).
Un grupo de senageles animou a velada con música tradicional senegalés, que animou a cantar e aplaudir a todas as personas que alí se deron cita.
Para finalizar o acto, dende os organizadores da edición do ciclo de cine, a Entidade Local Menor, a Comunidade de Montes e a asociación Os Amigos, obsequiaron cun pequeno recordo a Nani.
Este acto inauguraba a primeira edición do ciclo Camposancos de Cine, que continuará o vindeiro 10 de setembro (21h no Casino) coa estrea mundial do documental 15 Pesetas por Frete e coa proxeción de Jeanette na Comunidade de Montes (sábado17 ás 21h).
Máis información: CAMPOSANCOS DE CINE.

FOTOGRAFÍAS
Fotos: Brais Martínez.es


No hay comentarios: