31 ago 2016

SUCESOS


Un incendio afecta ó asteleiro Joaquin Castro na Pasaxe.





Unha chamada ó 085 facía saltar todas as alarmas en Camposancos.
A primeira hora desta tarde, uns particulares que se atopaban na praia do Caldeiro alertaron os servicios de emerxecia tras avistar un incendio. Acto seguido, o 112 Galicia moblizou os servicios de emerxencia para sofocar as lapas.
O lume afectou a unha das naves do asteleiro Joaquin Castro e o numeroso material que este tiña na parte exterior. Ningún traballador resultou ferido.
Ata alí desprazáronse o GES de A Guarda, os Bombeiros do Baixo Miño de Porriño, unha motobomba, Garda Civil, Policia Local de A Guarda e unha ambulancia do 061, que finalmente non foi precisa a sua intervención.
Tamén, o alcalde pedáneo de Camposancos, Rafael Álvarez, xunto co alcalde de A Guarda, desprazáronse ata o lugar do suceso.
 VÍDEO

FOTOGRAFÍAS
Imaxes: Brais Martínez.es

No hay comentarios: